Toalde 2014

Toalde

Toalde

Na Ribeira Sacra medran tintos galegos, tintos que nos dan plenitude e dimensionan como zona vitivinícola no mundo. Roberto Regal é un viticultor e enólogo afincado nas súas propias orixes, nas ribeiras do Miño, de Chantada e O Saviñao. Novo, entusiasta, experimentado e prometedor. Representa a unha xeración de produtores galegos novos, formados, con arraigo e tradición familiar.

Toalde é o seu viño máis persoal, un viño elegante con predominio da uva mencía. Unha elegancia que medra sobre a identidade tradicional dos viños da zona. Elegancia á vista na copa, en corpo e cor. De aromática limpa e primaria, de froita vermella e negra. Bébese con agrado, e refresca, e logo aínda amarga gratamente, facendo o viño máis longo e persistente na boca. Con elegancia, a mellor roupaxe da tradición.