Traste 2015

Traste 2015

Traste 2015

Aristegui busca tintos potentes. Os únicos que pagan a pena, escoitaredes a uns. Pesados e cargados, dirán outros. Máis que tintos potentes ou lixeiros, busquemos bos viños como premisa válida universal para calquera ocasión.

Traste é un gran viño. Potente, maduro e estruturado mais fresco. Con crianza en barrica de carballo francés mais froiteiro, primario e sabroso desde o principio. Con alta graduación mais non alcólico na cata.

É a interpretación que José Luís fai das súas cepas centenarias de garnacha tintoreira en terreos de lousa degradada en xisto. Nunha zona de verán cálido: A Rúa de Valdeorras. O 2015, recén saído, incrementa a finura e a frescura de anos anteriores.

Aristegui fai bos viños en Valdeorras, esa zona vitivinícola galega máis continental que non deixa de ser atlántica.

Podes mercalo aquí.