Viño galego 100% raspón?

Raspón Vide, Vide!

Raspón

Estes días repasando unhas fotos de visitas a adegas dos últimos meses, descubrín varias de depósitos cheos de viño en pleno fervor e co seu raspón actuando a pleno rendimento.
Veume entón à cabeza a discusión, debate enolóxico, a respeito de usar ou non o raspòn no proceso de elaboración do viño.

Raúl Pèrez, un dos afamados enólogos dos últimos tempos, mantén e abandeira a opción de utilización até o extremo que na actualidade as súas mellores versións elaboranse co 100% do raspón da uva. Màis extracción, màis estructura, maior tanicidade…

Xosé Lois Sebio, outro dos importantes, apunta: sen raspón, sutileza, finura, equilibrio.

Raspón

Raspón

Temos pois aquí un dos grandes debates de futuro, na adega. Pero o viño,o viño galego,  do futuro serà o que se faga na viña, sen intermediarios, quizais puidera ser a vía, saber ler nas cepas, saber conversar con elas de vagariño para extraerlles aquelo que levan dentro, e até roubarlles da ialma si con raspón ou sin él. Ou qué?