Maridaxe do poemario ” 20 en escea” de Rosalía Fernandez Rial cos viños da D.O. Ribeira Sacra, Pero Bernal e Amedo.
Escena II: estación
O chan do meu andèn é un precipicio.
… Eu agardo un tren…
Porque non un que nos leve à Ribeira Sacra que nos traslade a un paraíso sen teito como buscan as personaxes de Rosalía, que faga das cepas os alicerces e dos bagos de uva o sustento, e o paso previo a ledicia do viño.
O viño galego, un viño único e sen copia posible, moitos tentàrono e téntano aínda hoxe, pero hai cousas irrepetibles, as variedades, o clima, o chan, as e os viticultores . Non hai quen os traduza no mundo.
A Ribeira Sacra
O paraíso do viño galego, namorado das súas paisaxes transmite e crea ledicia nos seus acios e delicadeza nos seus caldos que conxuntamente transforman a terra e os seus habitantes en portadores de sensacións para a ialma e gloria para o padal.
Chantada, San Fiz como escribiu Cunqueiro as monxas de Chouzao mandaban o viño às súas irmàs de San Paio de Antealtares en Compostela. Tintos que se poden beber frescos corpo leviàn e suave.
Amedo.
Amedo a pena do Abeado e outras fincas, os monxes precisaban ledicia no
corazón, e quen lla daba, o viño que eles mesmos traballaban nesta finca.
Viño afroitado , froitos roxos, color roxo picota con ribetes violaceos, entrada lixeira, fresca final persistente, viños atlànticos, zona fría boa acidez, alcohol axustado trago longo,
festival de froitas no nariz e na boca.
Pero Bernal.
A Viña do Inferno, a mellor viña de San Fiz, por algo e propiedade do diaño, máis quen mellor a coñecía era o trobador Pero Bernal que foi quen de recuperar o espiritu malpocado do rei daquela época con cántigas e sobre todo viño.
Cata
Cor roxo granate con boa capa e ribete violáceo, froitos roxos compotados, nótase a maceración e a calidade da uva , en boca taninos maduros , amargor final longo e persistente, o cúlmen da Ribeira Sacra Chantadina .
Agardo que os próximos viños que as personaxes de vinte en escea, non mareen os tombos dun tetra-brick deprimido e acompañen o seu teito de estrelas cun gran viño da Ribeira Sacra.