Viños galegos de interior, atlánticos e algo máis.

Cata con Souto do Rei e Galiza Mutante.Poder Nuclear.

Cata con Souto do Rei e Galiza Mutante.Poder Nuclear.

Cata con Souto do Rei e Galiza Mutante.Poder Nuclear.

Traemos hoxe viños da Galiza extrema como berraban Galegoz no seu tema ” apocalipse agora” vimos da Galiza interior, pois ben esa Galiza con climas duros e terreos ao limite producen uns viños galegos de extraordinaria calidade que esperamos que vós ratifiquedes na cata.

 Monterrei a màis pequena das D.O. de galiza só con 437ha e 371 viticultores 23 adegas, pequeniña pero potente, con grandes viticultores e variedades ancestrais de virtudes excelentes que suxiren un futuro cheo de éxitos.

 

Adega Pazo Valdeconde. Viño Souto do Rei branco e tinto.

Unha Adega centenaria Pazo Valdeconde, nun edificio de màis de 200 anos rodeada de viñas mítica como ” a cortiña” ou ” a muradella” as suas uvas situadas en Mourazos camiño de Portugal, camiño do Couto Mixto outra galiza mutante do seculo XIX, convírtense nos dous caldos que imos probar hoxe Souto do Rei tinto e branco.

O pazo formaba parte do triángulo máxico de Monterrei, onde se daban os mellores viños da zona, e ademàis moi perto del apareceu unha escultura romana do deus Baco, o que fai pensar que o viño xa corría con xoldra por aquelas datas nesta zona.

O tinto feito coa varidade mencía e un pouco de araúxa conquire un equilibrio excelente dámbalas dúas variedades e acada un perfil de viño atlàntico por froital e aguzado e ao mesmo tempo redondo pola súa procedencia interior.

Cata con Souto do Rei e Galiza Mutante.Poder Nuclear.

Cata con Souto do Rei e Galiza Mutante.Poder Nuclear.

O branco mezcla das grandes variedades galegas nomeadamente a godello verdello en monterrei pero tamén a Treixadura e Albariño que se complemntan e constrúen unha mezcla complexa e profunda que pretende e consigue un viño floral, froital agradable fino e persistente.

Convén pois maridar estes caldos coa leitura que nos propuxo Tomás González Ahola e o seu libro “Galiza mutante.Poder nuclear”.

 

A Maridaxe.

Nunha galiza futura que por desgraza ten bastante que ver coa actual. Seguimos alienados e sen saber que facer, pois ben é hora de que o noso viño glorioso que nunca tivemos en conta libere o noso pensamento e esnaquice o fragal no que vivimos ancorados, seguramente algunha culpa teràn os caldos que nos mandaron tomar castelàns e foràneos que sempre consideramos os mellores pero que neste mometo histórico fican superados pola alta calidade que os nosos viños estàn a conquistar.

Monterrei seguiranos a dar moitas alegrias, confiemos neles para acabar coa momia.