Gorgola brut 2016

Gorgola brut 2016

Espumante con 26 meses de crianza e elaborado co método tradicional. Un espumante é xenericamente un tipo de viño con burbullas, como os das denominacións Cava ou Champagne. O método tradicional consiste en someter ao viño a unha segunda fermentación dentro dunha botella reforzada, e así forma a burbulla natural co seu propio gas carbónico.

Pasa a unha crianza en rima, coa botella deitada, onde afina a burbulla e gaña estrutura. Cando está listo sométese ao degolamento, á retirada da chapa para eliminar as borras da fermentación e poñerlle a rolla definitiva.  Polo seu contido en azucre clasifícase. O brut é o segundo máis seco, o segundo con menos azucre despois do brut nature.

Gorgola é un gran espumante 100% albariño elaborado por Cabana das Bolboretas en Barro, Rías Baixas.