Señor Cuco 2016

Señor Cuco 2016

Entrevideiras agrupa neste proxecto a César Alonso, Mari Álvarez, Anxo Eiras e Rocío Garrido, boa xente do mundo do viño. Un equipa con experiencia procedente da tradición, do coñecemento, da formación, do traballo e da paixón.

Un viño coidado na viña e na adega, que fala das variedades (sousón, pedral, espadeiro e caíño) e da zona. Serio, fresco e elegante, para recomendar sen medo.

Cunqueiro volvería escribir sobre as terras do Condado, despois de probar o Señor Cuco: “levo na memoria algún que outro tinto perfecto”.

Más
artículos

Carro de compras0
No hay productos en el carro!
Continuar comprando
0