Adega Sidrón é un pequeno negocio que pertence a Francisco Javier Sanromán, un xoven coa determinación de vivir da elaboración de viño. Pode parecer unha tolemia, pero pouco a pouco Negueira de Muñiz desenvolveu grandes viños e toda a zona é cada vez máis coñecida. A pesares de que non pertence a ninguna D.O., o Val do Navia veu medrar a súa popularidade...
Francisco Javier Sanromán Lledín e a súa familia construíron coas súas mans a adega Sidrón en Pieiga, Negueira de Muñiz. Coma un mosaico, cubriron as paredes, peza a peza, con anacos da mesma lousa que enche os solos da paisaxe vitivinícola espectacular que se ergue ás beiras do río Navia. A Marcada é unha finca con orientación sur deitada sobre o río....