Altares de Postmarcos

€12,35
IVA incluido

Altares é un viño para beber sen prexuízos. Vexamos.

É un Viño da Terra de Barbanza e Iria. O prexuízo: viño na Pobra? Se falamos da cara norte da ría de Arousa, formada polo río Ulla, que baña as viñas do Salnés, cara a cara co sur, a Illa, Cambados, Vilanova e Vilagarcía, todo colle sentido.

É un albariño. O prexuízo: xoven e afroitado? Adega Entre os Ríos acaba de sacar este 2012, cunha prolongada e habitual crianza sobre lías. Unha aposta pola lonxevidade dos brancos que Paco Crusat fai desde o inicio deste proxecto, con base nas cepas máis antigas da zona.

Ouro líquido. Nariz doce, sorprendente e complexa: lías, mosto, albaricoques, manzanilla e incipientes notas de hidrocarburos. Na boca, lonxitude cremosa e estruturada, acidez equilibrante.

É un viñazo, con ou sen prexuízos.

  • ZONA: VIÑO DA TERRA DE BARBANZA E IRIA
  • ANO: 2012
  • ADEGA: FRANCISCO CRUSAT LÓPEZ
  • CONCELLO: A POBRA DO CARAMIÑAL
  • VARIEDADE DE UVA: ALBARIÑO
  • GRAO ALCÓLICO: 12.5%
  • ELABORACIÓN: CRIANZA SOBRE LÍAS E ENVELLECEMENTO DE ANO E MEDIO EN DEPÓSITO 
Cantidade

  • Política de seguridad (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente) Política de seguridad (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente)
  • Política de envío (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente) Política de envío (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente)
  • Política de devolución (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente) Política de devolución (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente)
1026
20 elementos:

Referencias especificas