A Flor e a Abella treixadura

2026

Produto novo

Viño branco da D.O. Ribeiro elaborado cunha única variedade de uva: a treixadura. Esta variedade estrutura desde hai séculos os viños brancos do Ribeiro, tradicional e maioritariamente plurivarietais. É na viña onde a tradición vitícola, en moitas zonas do mundo, conxunta as características de distintas uvas pensando o viño que se busca. Por algo será. Faise o viño no viñedo, aportando con cada variedade de uva distintos aromas, acidez, alcohol, cor, estrutura, tanicidade…

Hoxe hai viticultores que apostan por viños elaborados só con treixadura, incorporando esta nobre caste galega á moda dos monovarietais. A treixadura, sen dúbida, é unha variedade de gran calidade, elegancia e estrutura que, xunto con godello e albariño, forma o trío de raíñas das uvas brancas galegas. Benvidos sexan estes monovarietais se nos serven para (re)coñecer o valor e potencial da treixadura, e para impulsar a súa plantación no Ribeiro como caste medular dos seus estupendos viños brancos.

  • DENOMINACIÓN DE ORIXE: D.O. RIBEIRO
  • ANO: 2014
  • ADEGA: VITIVINICOLA DEL AVIA,SL
  • CONCELLO: LEIRO
  • VARIEDADE DE UVA: TREIXADURA
  • GRAO ALCÓLICO: 13%
  • ELABORACIÓN: BRANCO COLLEITA

11,00 € IVE incluído

Opinións

De momento non hai opinións de clientes.

Escribir un comentario

Hai 30 produtos distintos da mesma categoría: