
Alento é un monovarietal de godello feito de cepas vellas e macerado sobre as súas finas lías. Está envellecido tres meses en barrica e debido á madeira e ás lías posúe un bo corpo e unha boa estructura. É un viño longo, xa que permanece na boca, deixando ver o amargor da uva godello a través do retrogusto.