

Os Mecos son viños libres, atrevidos e espontáneos, de elaboración básica, intuitiva e creativa. Cada un deles está elaborado con uvas dunha única viña. Os recipientes empregados na elaboración foron de distintos materiais: cerámica, barro e madeira. Un proceso de experimentación do propio Aristegui cun resultado satisfactorio no presente e que promete novas voltas no futuro.