3 botellas | CUME DO AVIA | 45 €
|
6 botellas | CUME DO AVIA | 88 € |
|
|
|
|
Cume do Avia é un proxecto cooperativo con xérmolo nunha asociación xuvenil e nunha con-centración parcelaria. Unha iniciativa xuvenil colectiva no rural que hoxe representa a recupe-ración e uso produtivo do lugar de Eira de Mouros (Ribadavia) con 9 hectáreas de viñas.
Empezaron a andar en 2005 co proxecto, mais a súa colleita nº 7 é a do 2019. O tempo de facer as cousas ben. Definen os seus viños como “atlánticos do interior”, unha interesantísima declaración.
Lanzáronse decididamente a unha viticultura ecolóxica desde o minuto cero: cubertas vexetais, abonos e compost ecolóxicos, xofre, estractos hidroalcólicos… Asumiron os riscos, padecéronos e non se arrepinten.
Buscaron variedade de solos e de altitudes. Buscaron diversidade en máis dunha ducia de variedades de uva brancas e tintas. Buscaron elaboracións tradicionais pouco intervencionis-tas. Miran o val do Avia desde o cumio do monte.
Colleita Nº7 branco é o equilibrio do Ribeiro nun plurivarietal con treixadura, godello, albariño e loureira.
Colleita Nº7 tinto leva sousón, brancellao e caíño longo en cubas vellas de castiñeiro, para máis tradición do Ribeiro.
Arraianos tinto é unha ampliación do proxecto, a vinificación de uvas doutras viñas cercanas, de amizades e familiares.
|
|
|
VANTAXES CLUB VIDE, VIDE! CLUB CUME DO AVIA 2020 FACERME SOCI@