• Novo

Seiva Au

€12,50
IVA incluido

ZONA DENOMINACIÓN DE ORIXE: Valdeorras
ANO: 2018
PRODUCE: Rogelio Moral
LOCALIDADE: O Barco de Valdeorras
VARIEDADES: Albarello (brancellao) 100%
CARACTERÍSTICAS: Tinto con leve crianza en barrica grande e usada
GRAO ALCÓLICO: 13% vol.

Seiva Au é un monovarietal de albarello de Rara Besta, a marca propia de viños de Vide, Vide! Tinto elaborado cunha variedade de uva minoritaria, actualmente en recuperación, que tivo unha presenza histórica destacada en Valdeorras e noutras zonas: albarello ou brancellao. Destacan as características primarias e varietais da uva máis agarimosa. Unha leve crianza en barrica grande e usada permite conservar notas primarias e aporta estrutura e integración. A maior parte da crianza continuouse en cuba de inox. Un tinto cálido por zona e anada.

Rogelio Moral retornou de Suíza e esmérase cada ano nunha boa viticultura nunha boa zona de produción de viños: Éntoma, no Barco de Valdeorras. Reinvestiu na súa Adega Roandi e nas súas viñas en terras onde os romanos extraían ouro (Au).

Seiva Au é ouro vermello, crecido perto da mina romana que, coma fenda aberta, anega de sentido as terras barrosas e cantos de Éntoma nas propiedades de Rogelio Moral, o produtor deste viño. Albarello do silencio, do verdor, do frescor baixo a mirada atenta do Lomezón, do Miradeiro, do Xirimil, da Portela e da Torrizola, que con celo o atesouran.

Cantidade

  • Política de seguridad (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente) Política de seguridad (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente)
  • Política de envío (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente) Política de envío (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente)
  • Política de devolución (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente) Política de devolución (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente)
24 elementos:

Referencias especificas