Brancos en terra de tintos
Chega a primaveira con dous brancos na nosa selección. Brancos heroicos da Ribeira Sacra, pola viticultura heroica dos viñedos en pendente e por ser minoritarios na única denominación galega que na actualidade produce máis tintos que brancos. E da man da histórica adega Ponte da Boga de Castro Caldelas.
Empezamos polo máis heroico: albariño da Ribeira Sacra. Ponte da Boga Albariño xa é de 2020 en primicia e acaba de ser embotellado. Poderemos gozalo en plena mocidade ou esperar aínda por el. Sempre é un pracer comparar a mesma variedade en distintas zonas. Albariño totalmente diferente a un Rías Baixas.
Ponte da Boga Godello nos ofrrece un monovarietal da uva autóctona branca de maior representación na Ribeira Sacra. Agradable e ben estruturado.
Ponte da Boga Mencía Colección é un tinto do 2016 con crianza en aceiro e en botella. 5 anos de lonxevidade dun tinto fresco que acaba de saír ao mercado xa listo para que o goces no momento que elixas.