Clube Vide, Vide!

O Proxecto

Vide, Vide! somos calidade, experiencia e coñecemento; somos intermediarios entre o produtor e o consumidor, e expertos en satisfacer as demandas da nosa clientela.

Vide, Vide! naceu nunha longa viaxe en autocaravana no ano 2013, froito da idea de facer dunha afición, unha profesión. Conseguímolo, e agora volo contamos. Benvidos!

Somos Martiño e Xosé, dous amigos sumilleres que tiñan as mans cheas de ilusión e moitas ideas sobre viño pendentes por facer realidade.  Anos despois, seguimos coa mesma ilusión, se ben hoxe en día podemos dicir que “cumprimos algún dos nosos propósitos” coa apertura do noso propio local en Santiago de Compostela.

Na nosa viaxe falamos con viticultores, percorrimos todas as zonas vinícolas, visitamos adegas e feiras do viño… Empapámonos da calidade das viñas da terra para poder ofrecérvola a vós despois embotellada na nosa tenda, punto de encontro para tódolos amantes dos viños.

Vide, Vide! somos calidade, experiencia e coñecemento; somos intermediarios entre o produtor e o consumidor, e expertos en satisfacer as demandas da nosa clientela. Sabémonos espazo adicado á cultura do viño como parte da nosa riqueza cultural, lugar onde descubrir a eses pequenos produtores dos que ninguén nos falou, e un comercio no que todo o mundo atope o seu viño.

Que mellor xeito de comprobalo que facéndonos unha visita? Vide, Vide!

Carriño de compras0
Non hai produtos no carriño!
Continuar mercando
0