D.O / Zona:

ROANDI GODELLO

9,20 IVA incluido

O godello de Valdeorras, un apelido lle poñemos para recoñecer e desfrutar da excelente simbiose que a variedade e a zona crean. Pero faltaba o viticultor e a finca e aquí é onde este Roandi Godello  chegan ao seu estado puro, as ladeiras da parroquia de Éntoma, e as mans de Rogelio Moral fan o resto, pois ben, xa sabedes o que tedes nesta botella terra e alma, mineral e paixón, a esencia do godello de Valdeorras.

Roandi é un nome creado por rogelio que reflicte a continuidade da súa familia no mundo do viño, os seus netos dos que pretende continúen o esforzo e adicación incansable por sacar adiante este soño, e como ramo adícalle unha marca , un viño e unha caste que no conxunto constrúen o viño que debedes probar con espíritu alegre e decidido.

 

A bodega

Adega Roandi

Descripción:

Ficha Técnica

Variedade da Uva:

D.O / Zona:

Añada:

  • 2019

Formato:

  • 750ml

Cata

Vista

Un branco de cor palliza , adianta algunhas das características que logo probaremos.

Nariz

Especialmente agradable, froitas amarelas e recordos a mel e certa mineralidade que logo darán que falar na boca.

Boca

Estructurado, consistente e prolongado cun amargor característco que fai que recordemos e repitamos.

Temperatura de Servizo

Ente 9 e 12 grados centígrados.

Maridaxe

Peixes e mariscos agradecerancho, mesmo algunha carne branca tería muito aprecio por este viño

Consumo

Os próximos 4 ou 5 anos terán unha boa impresión do roandi godello.

Impresión Xeral

Estamos ante un godello con patente de Valdeorras, toda unha garantía e tamén unha magnífica maneira de disfrutar do bebido.

Viñedo e Elaboración

Descripción

Viñas en socalcos e altura, moita mineralidade na terra que despois trasladará aos bagos, cepas de 20 a 30 anos no mellor da súa expresión.

Localización

As cepas están situadas nas ladeiras da parroquia de Éntoma no concello do Barco de Valdeorras.

Elaboración

Fermentación en cubas de inox a temperatura controlada, crianza en cubas de inox , embotellado e breve crianza nas botellas para afinar o resultado final.

Opinión dos Críticos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

Carriño de compras0
Non hai produtos no carriño!
Continuar mercando
0