D.O / Zona:

BANCALES

8,95 IVA incluido

Os bancais das viñas de Rogelio Moral son dos que subes unha e outra vez e non cansas, teñen vida e transmiten emoción a cada paso que das, non é difícil que saian destes bancais acios dispostos a darche toda a enerxía creada neles, pois entre bancal e bancal, acio a acio constrúese cada botella que lembra en cada grolo todos e cada un dos pasos que fomos dando entre os bancais , cada grolo un bancal, cada cepa unha botella.

Bio

Hai familias que levan escritas na fronte as gañas os esforzos e até os golpes que levaron para sacar adiante os seus proxectos vitais, unha xeración despois de outra, afamilia Moral é unha desas cando os ves e falas con eles xa sabes que na superficie non vas sacar nada, vas ter que sachar ao seu carón para descubrir a infinita xenerosidade e sapiencia que acumularon cos anos.

Logo están os viños que recollen todos eses anceios, pero sempre hai un na bodega que tenta ser a prolongación do mellor que levamos dentro, sen dúbida este bancales Moral non tería outra definición máis acaída, durante moitos anos foi o acompañante imprescindible de Rogelio nas súas viaxes e estancias na Emigración.

Viño límpido e brillante, unha mezcla perfecta entre a froita e a madeira, froita roxa exhuberante e fresca que é complementada polo paso por barrica que apenas lle aporta matices especiados en nariz e profundidade e persistencia na boca, o seu ribete granate mostranos o repouso e a madurez. Por último non podemos esquencer a súa mineralidade, procedendo de bancais roturados en terra de pizarra, as aportacións son suxerentes e culminan este bancales con moita elegancia e sabor no padal.

Se queredes darvos un paseo por Valdeorras ulir os seus aromas e degustar as súas golosas terras non tedes máis que abrir unha botella con tempo e en boa compaña e deixarvos levar polas sensación do Bancales Moral.

A bodega

Adega Roandi

Descripción:

Ficha Técnica

D.O / Zona:

Añada:

  • 2019

Formato:

  • 750ml

Cata

Vista

Viño límpido e brillante, o seu ribete granate mostranos o repouso e a madurez.

Nariz

Unha mezcla perfecta entre a froita e a madeira, froita roxa exhuberante e fresca que é complementada polo paso por barrica que apenas lle aporta matices especiados

Boca

Profundidade e persistencia, destaca a súa mineralidade, procedente de bancais roturados en terra de pizarra, as aportacións son suxerentes e culminan este bancales con moita elegancia e sabor no padal.

Temperatura de Servizo

entre 14º e 18 º centígrados.

Maridaxe

carnes roxas e cocidos.

Consumo

nos próximos 10 anos terá a súa mellor versión.

Impresión Xeral

viño excelente para calquer ocasión, sempre quedas ben.

Viñedo e Elaboración

Descripción

Un dos mellores exemplos da calidade que están acadando os tintos galegos nos últimos anos, excelente.

Localización

Parroquia de Éntoma concello do Barco de Valdeorras, viñas en bancais con tratamentos moi respetuosos co medio ambente. Viñedos “Terra Grande” coas ladeiras protexidas ao Norte polo Monte Coto Grande e abertas ao Sul as brisas dos ríos Sil e Éntoma.

Elaboración

Viño tinto, elaborado con uvas de diversas castes autóctonas, seleccionadas a man e posteriormente fermentado en depósitos de aceiro inoxidable e logo cun leve paso por barricas usadas de carballo francés, 5 meses, e repouso posterior na botella varios meses máis antes de sair ao mercado.

Opinión dos Críticos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

Carriño de compras0
Non hai produtos no carriño!
Continuar mercando
0