PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
DisTinto 2015

DisTinto 2015

O empeño en recuperar o gusto do viño, o gusto orixinal dos tintos galegos, a autenticidade das variedades máis ancestrais, dos climas máis extremos, das notas primarias máis xenuínas; leva a achegarse ao rexurdir actual dos tintos de Rías Baixas. Esta viaxe contemporánea transpórtanos a un pasado histórico de tintos anterior á especialización comercial en brancos, de riqueza plurivarietal anterior ao monocultivo monovarietal.

Distinto. Así é un tinto de Rías Baixas. Necesariamente. Este disTinto 2015 de adegas Castro Brey tamén. Nas beiras do Ulla, en Camanzo, Vila de Cruces, esta familia quixo descubrirnos unha terra de bos viños. Os seus albariños colleitan premios cada ano.

Agora lanzan este tinto fresco e delicado, coidado, de notas florais, moras e pementón. Para comer e beber do noso.