PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
Viño de Evaristo 2015

Viño de Evaristo 2015

“Branco tradicional”: a maceración coas peles da uva, como nos tintos, era unha elaboración tradicional nos brancos. Hoxe prénsase a uva no primeiro momento, separando o mosto das peles. O resultado da maceración é un branco con máis “sustancia”, untuosidade, complexidade aromática, e máis intensidade de cor. Esta volta á tradición con elaboracións coidadas, con satisfacción en aromas e gusto, debería desaxustar corpiños nas denominacións de orixe.

París e Evaristo voltaron a Cambados para reabrir a adega familiar, con orixes en 1885. E para recuperar a memoria do albariño do seu pai Evaristo. Adegas Seixido é un novo proxecto con historia e tradición, con viños honestos e auténticos coma este.

Técnicas artesanais, sen lévedos engadidos nin clarificantes, doses baixas de sulfitos e… uvas.