PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
Arcán 2015

Arcán 2015

Arcán sae da adega un ano despois da vendima, logo dunha crianza de 9 meses sobre lías en depósitos de inox e dun repouso en botella previo á súa comercialización. A uva procede toda das viñas propias que adega Pombal ten na subzona do Val do Salnés, perto da Lanzada, en Sanxenxo.

Un branco elaborado só con uva albariño, de perfil auténtico e atlántico, fresco, de acidez marcada, integrada, equilibrada, rica, riquísima. Unha mazá triscante sobre a textura granítica cortante e afiada do solo, e envolta de complexidade e sutileza aromática.

A orixe está na paixón vitícola dunha familia de bateeiros da costa. Buscaron o asesoramento de Laura Montero e Dominique Roujou nunha viticultura respectuosa co medio, e nunha enoloxía que busca no viño a expresión da identidade singular das viñas cada ano.