PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
Ámboa 2016

Ámboa 2016

Ámboa é un novo viño da Ribeira Sacra, mais tamén un recipiente de barro empregado historicamente para conter viño e outros líquidos. Vinum. Lutum. Fusión de viño e barro desde o berce da atraente e afamada olería de Gundivós, unha cerámica peculiar pola cor negra que lle deixa o lume nesta parroquia de Sober.

Da fusión do viticultor Manuel Verao e do oleiro Elías González, viño e barro, vén de xurdir o proxecto Rectoral de Gundivós. Nova andadura merecedora de seguemento. Promete no futuro achegar novas/vellas sensacións aos viños galegos coa recuperación das ámboas de barro para a súa crianza.

Polo de agora, para Ámboa 2016 seleccionaron uvas de mencía, garnacha, negreda, albarello e merenzao con orixe en distintas viñas de Amandi con solos de granito e pizarra. Carácter e personalidade.