PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
Chans e Lus castes brancas 2015

Chans e Lus castes brancas 2015

Bernardo Estévez empezou o seu mapa de viñas no 2001 nos vales de San Vicente e San Amaro, en Arnoia concello e río, no Ribeiro. Trinta pequenas parcelas espalladas en distintas zonas. Diversidade de chans de orixe granítica e diversidade de luz en viñas con todas as orientacións posíbeis.

Impresiona a riqueza varietal que nutre os viños deste viticultor. Brancas: treixadura, lado, silveiriña, albilla, albillo, godello, loureira, verdello antigo. Tintas: caíño da terra, carabuñeira, trincadeira, tinta amarela, espadeiro, brancellao, sousón, ferrol, caíño bravo, caíño longo, caíño redondo, tinto serodo, corbillón, tinta roriz, mencía…

Os viños son reflexo desa diversidade interpretada cunha visión da viticultura e da relación co medio natural desde a ecoloxía, a permacultura e a biodinámica.