PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
D’PIEIGA “A MARCADA”: O viño do confín dos vales

D’PIEIGA “A MARCADA”: O viño do confín dos vales

Coñece a opinión de Lorena Costas sobre este tinto: 

Agora que se acercan as vendimas, seguramente moitos de nós teñamos na mente imaxes de adegueiros da Ribeira Sacra, Rias Baixas, Ribeiro, etc. recollendo a uva… Pero seguramente a ninguén se lle pase pola mente a imaxe da comarca que durme aos pés do Val do río Navia: Negueira de Muñiz.

Un municipio que o encoro de Salime dividiu en dous, asolagando parte das aldeas e terreos do redor, e no que o tempo semella pasar doutro xeito diferente; fermosos vales e ladeiras dun paraíso que se funde coa irmá Asturias nesta zona nororiental da nosa terra.

É alí onde Paco Sanromán decidiu un día que se os seus pais xa non podían ocuparse das viñas, el non ía deixar que aquelo se perdese.

Porque en Negueira hai viño, e viño de calidade, lonxe das modas e dos influxos da industria, que aposta por manter a tradición e tamén profesionalizarse, que ten como mellor reclamo as castes autóctonas (Blanco Lexítimo, Verdello Tinto, Tinto Serodo), os viñedos dotados de singularidade, cepas vellas de raíces tan vellas como a historia de aqueles que hai anos comezaron a facer viño en Negueira.

Baixo estas premisas, nunha zona sen amparo de ningunha D.O. nen IXP, elabora os seus viños Adega Sidrón, con Paco e Rosa (irmá) á fronte, e axudados por Roberto Regal nas labores de enoloxía;

Roberto peza fundamental para axudar a dar o salto definitivo a Paco, defensor incansable das variedades autóctonas, do respecto pola terra e a mínima intervención nos viños.

Xurde así, entre outros, D’Pieiga “A Marcada”, que leva o nome da finca da que sae o viño e máis da vila na que nace Paco. Elaborado coas variedades tintas típicas da zona, Verdello Tinto (55%), Tinto Serodo (40%) e Mencía (5%), é un viño desde logo único na súa frutosidade: moras, froitos silvestres, baixo monte, incluso un toque a guindas licorosas e especias, bonita capa media de cores granates e rubí, limpo, como a súa entrada na boca, onde se percibe a sapidez deste viño, cunha sorprendente acidez ben contrarrestada e equilibrada, persistente e fresco.


Só 140 botellas desta peza singular da nosa terra… A que esperas para facerte cunha?

FICHA:

  • Zona: Negueira de Muñiz
  • Año:2016
  • Bodega: Adega Sidrón
  • Variedad de Uva: Verdello Tinto, Tinto Serodo e Mencía
  • Grado Alcohóilco: 13.5%
  • Prezo: En torno aos 16€
  • Onde mercalo? Este viño está na nosa web e na nosa tenda, Vide, Vide! (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10) .