PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
A cultura do viño é parte importante do atractivo turístico de Galicia

A cultura do viño é parte importante do atractivo turístico de Galicia

A cultura, a paisaxe e a gastronomía galegas son os principais atractivos turísticos para aqueles que se achegan a coñecer a nosa terra. O viño e a súa cultura, por suposto, forman parte dunha oferta turística de gran calidade, tranquila e sostible.

De aí o enorme éxito que tiveron as rutas dos Trens Turísticos de Galicia que durante todo o verán levaron aos visitantes a descubrir algunhas das zonas máis fermosas e tradicionais da nosa xeografía. Tanto é así que durante os meses de setembro e outubro seguirán a estar dispoñibles estas rutas turísticas tan ben valoradas polos viaxeiros.

Entre os diferentes itinerarios que se ofertaron este verán e que tiveron una grande aceptación atópase a ruta do Tren do Viño da Ribeira Sacra, a do Ribeiro-Rias Baixas, a da Ribeira-Sagrada Vadeorras ou o Tren do Viño de Monterrei.

A ruta que discorre pola Ribeira Sacra, por exemplo, esgotou os seus billetes durante o período estival e levou aos visitantes a coñecer as augas embalsadas do río Sil, o Mosteiro de Santo Estevo e viticultura heroica da zona.  O Tren da Ruta do Viño Rias Baixas permitiu durante os meses do verán contemplar a paisaxe da Ría de Arousa, visitar varias bodegas da zona e pasear pola vila de Cambados, capital do Albariño. No caso do Tren do Viño de Monterrei a viaxe discorría polos pobos de Verín e de Allariz revivindo a Idade Media e degustando algún dos seus viños máis característicos nun castelo medieval.

De cara ó outono inclúense novos destinos e propostas culturais que teñen como eixo o turismo urbano, a cultura e o termalismo que de seguro seguirán tendo una gran demanda entre os visitantes.

Esta é una mostra máis do enorme valor que representa a cultura e as tradicións arredor do viño que se produce en Galicia. Máis aló de contarmos cun produto gastronómico de excelente calidade, o atractivo turístico reside tamén na paisaxe e a forma de cultivar uns viños  cun carácter moi singular.