PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
Como maridar un viño rosado

Como maridar un viño rosado

Dentro do ámbito da enoloxía, a maridaxe de viños é probablemente unha das cuestións que xera máis controversias. Consideramos moi importante entender que a maridaxe é unha cuestión de gustos que se basea principalmente en experimentar e non estar cerrados a nada.

Con todo iso, hai unha serie de pautas que podemos seguir para entender como funciona a unión de sabores e de aromas entre os diferentes viños e comidas. Pero, máis aló da clásica fórmula de “os pescados con brancos e a carne con tintos”, temos claro como maridar un rosado?

En realidade a maridaxe de viños rosados é moito máis doada do que pode parecer e o seu encanto radica na súa variedade de sutís aromas, cores e sabores. Trátase dun viño máis ácido e de sabor máis suave co tinto pero cheo de matices a ter en conta á hora de acompañalo con segundo que alimentos. Os rosados conseguen esa tonalidade clara debido á curta maceración dos bagos das uvas e son viños refrescantes perfectos para estas épocas de calor. Velaquí algunhas combinacións coas que sempre acertarás:

  • Maridaxe de rosados con mariscos e pescados: principalmente aqueles rosados con certo aroma afrutado ou aromas vexetais son axeitados para acompañar con estes pratos.
  • Maridaxe de rosados con embutidos, queixos e carnes afumadas: un rosado de cor púrpura será perfecto para este tipo de alimentos, sobre todo con queixos suaves.
  • Maridaxe de rosados con arroz e pasta: pratos elaborados con arroz como pode ser a paella ou pasta acompañada de tomate combinan ben con este tipo de viños.
  • Maridaxe de rosados con sobremesas: o aroma doce dalgúns rosados vai ben cunha boa sobremesa.

En xeral, os rosados debido á súa sutileza, suavidade e frescura combinan ben con pratos lixeiros que non teñan un sabor contundente para que non atenúen a súa presenza. Con todo, á hora da verdade, elixir uns ou outros viños dependerá do tipo de alimentos que vaiamos preparar, da forma na que os cociñemos e do gusto persoal dos comensais.

Se xa estás desexando experimentar con algunha combinación, ten en conta que na nosa tenda online temos á túa disposición algunha variedade de rosado coa que poderás pór en práctica estas recomendacións.