PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
A Capella 2017

A Capella 2017

Neno da Ponte é a nova marca de Roberto Regal. Realmente é Roberto Regal, ese neno que xogaba nas beiras do Miño axudando nas viñas á súa familia; e que segue a desentrañar a autenticidade dos viños de Chantada e do Saviñao na Ribeira Sacra.

A marca agrupa un tinto e un branco básicos de viticultura ecolóxica, selo persoal deste viticultor e enólogo trasmitido xa pola súa avoa; mais tamén unha colección de fincas e paraxes vinificados por separado: A Raña, Penapedre, As Oubenzas, Sampaio, Horta da Cal e A Capella.

A Capela é topónimo. A cappella é música vocal sen acompañamento instrumental. A Capella é un viño sublime de Roberto, sen sulfitos engadidos, acompañado na súa elaboración fuxindo dun intervencionismo enolóxico marcado, buscando a esencia, a pureza e a emoción da viña e da terra.