PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
Cazapitas 2018

Cazapitas 2018

David, Juan, Noelia e Manolo son os Cazapitas, un colectivo formado en viticultura e enoloxía na Granxa en Ponteareas, e con viñas no Rosal e Rianxo. Xa temos falado deles a conto doutras elaboracións. Aquí farémolo para recomendar o seu proxecto orixinario e para facerlle chegar alento despois dos incendios forestais que fixeron perigar as súas viñas en Rianxo.

O raposo é un bo cazapitas. Xa imos sabendo tamén que é unha variedade de uva galega con este nome na Barbanza, e sinonimias como branca lexítima ou branca do país en Betanzos e Negueira de Muñiz, respectivamente.

Cazapitas foi o primeiro viño dos Cazapitas, monovarietal da súa uva predilecta, a que os levou a estar neste mundo das vides. Moito mimo, autoesixencia e saber facer derivou nunha gran expresión da variedade nesta última anada.