PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
Corga 2017

Corga 2017

Estamos nunha das cinco subzonas da Ribeira Sacra, a de Quiroga-Bibei. Na fronteira sur da Ribeira Sacra, o río Bibei, afluente do Sil, separa a esta denominación da de Valdeorras. A Casa da Corga está en Piñeiro, na Póboa de Trives, nunha paisaxe de montaña con altitudes de ata 600 metros e con viñedos en terraza recuperados uns, e abandonados outros moitos.

 

Benigno Pereira rehabilitou alí unha casa do século XVII e recuperou viñas para facer o seu viño. Xa tiña o seu queixo. Benigno é o produtor dos coñecidos queixos Bama. Alí aposta por un viño xoven e outro con crianza en barrica coas variedades mencía e brancellao, integrado nun proxecto máis amplo de dinamización dese entorno rural.

 

Interesante probar e coñecer esta zona, pola grandeza da paisaxe e as boas condicións para facer viño.