PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
Dona Gotto 2017

Dona Gotto 2017

Ás portas da 56ª Feira do Viño do Ribeiro imos a un dos seus viños para recomendar a visita. Será en Ribadavia o 3, 4 e 5 de maio cunha programación chea de atractivos variados, da proba de viños nos stands a viaxes pola zona e obradoiros de cociña. Incorporan un relevante ciclo de conferencias sobre a historia grandiosa do Ribeiro, con periodos de gran esplendor internacional.

 

Precisamente neses periodos a produción maioritaria era de tinto. Hoxe recomendamos un tinto de Castrelo de Miño, do colleiteiro Alfredo Fernández. A peculiaridade principal é a de ser un monovarietal de caíño longo, algo ben exclusivo.

 

A etiqueta reproduce un detalle do mural da ábside da igrexa de Santa María, mosteiro de monxas no ano 964 cando foi abadesa a viúva do rei galego Sancho Ordóñez: a princesa Dona Goto.