Dionisos & Ampelos 2017

Dionisos & Ampelos 2017

En Verín, no val de Mourazos, achouse unha escultura en mármore branco representando a Dionisos ebrio asistido polo sátiro Ampelos, que representa á vide. Foi atopada no castro da Muradella e, xunto con outros signos, documenta a existencia dunha villae romana datada no século III dC. O deus do viño e o seu acompañante formaban parte da decoración dunha das estancias e hoxe podes velos no museo arqueolóxico de Ourense.

Dionisos & Ampelos 2017 homenaxea á historia vitícola de Monterrei, e reproduce a escultura na etiqueta. Nace dunha crianza en barrica dun viño elaborado con sousón. En Mourazos, Amadeo continúa a tradición familiar de traballo das viñas, na adega Pazo de Valdeconde. Con este novo viño aposta por unha liña de maior expresión e complexidade, con estrutura media e mineralidade.