PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
Heaven & Hell 2017

Heaven & Hell 2017

Heaven and Hell é un viño de albariño, treixadura e godello mestura de cepas vellas de varias parcelas do mesmo pobo. Combina a profundidade, elegancia e concentración das viñas vellas de Gomariz, en Leiro, no Ribeiro.

Solos de xabre que achegan complexidade, frescura, nervo e intensidade aromática. Solos de arxila que proporcionan unha boca golosa, redonda, intensa, elegante e orixinal. Mineralidade e froita a partes iguais.

Fermentado e criado durante 10 meses en barricas grandes e usadas. Sen maloláctica. Xosé Lois Sebio, produtor de referencia na revolución dos viños galegos, recrea co deseño e co nome do viño os anxos bo e malo do video do tema de Ronnie James Dio. O anxo representa as viñas altas e o demo un verán cálido, o do 2017, infernal na viña.

Un branco que mellora en botella.