PrestaShop

Novos produtos

Novos produtos
Tódalas novidades
Nove Queipos 2015

Nove Queipos 2015

“O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos”.

Con esta cita de Castelao na etiqueta, a adega Solaina Minei de Castrelo de Miño comercializa distintos viños de interese.

No 2008 nace O Polígono Agrario da Asociación "As Bouzas", un proxecto de produción vitivinícola. Participan ao redor de 40 viciñ@s do núcleo das Bouzas que crearon unha sociedade limitada para traballar conxuntamente.

Actualmente son sobre 54 soci@s, todos eles viticultores ou fill@s de viticultores que, antes de que as viñas quedasen ermas, xúntanse para facer realidade este proxecto.

O seu Nove Queipos 2015 tinto é unha produción limitada con 6 meses de crianza en barrica de carballo e elaborado coas variedades mencía, sousón, caíño e brancellao. Adecuado para días de entroido e frío.