Escrito por   2019     0 Comentarios     Vistas (22)
Un rosado faise de uvas tintas, nunha maceración moi leve do mosto coas súas peles, extraendo pouca cor e seguindo a elaboración só coa parte líquida.
Escrito por   2018     0 Comentarios     Vistas (18)
Heaven and Hell é un viño de albariño, treixadura e godello mestura de cepas vellas de varias parcelas do mesmo pobo. Combina a profundidade, elegancia e concentración das viñas vellas de Gomariz, en Leiro, no Ribeiro.
Escrito por   2019     0 Comentarios     Vistas (226)
Procede da marxe esquerda da ribeira do Miño, da paraxe de Portutide, no Saviñao. É o primeiro fillo da marca Rara Besta, un proxecto de colaboración directa entre Vide, Vide! e distintos viticultores galegos para ofertar viños auténticos e peculiares, para facer camiños.
Escrito por   2019     0 Comentarios     Vistas (214)
En Verín, no val de Mourazos, achouse unha escultura en mármore branco representando a Dionisos ebrio asistido polo sátiro Ampelos, que representa á vide.
Escrito por   2019     0 Comentarios     Vistas (120)
Hoxe recomendamos un tinto de Castrelo de Miño, do colleiteiro Alfredo Fernández. A peculiaridade principal é a de ser un monovarietal de caíño longo, algo ben exclusivo.
Escrito por   2019     0 Comentarios     Vistas (202)
Os Dunares como concepto nace das mans de María Falcón, adegueira de tradición familiar en Adegas Don Olegario e Cristina Yagüe, enóloga, e pretende dar forma a unha liña de viños enmarcados na viticultura sostible e na pegada persoal en todas as fases de produción: solo, viña e viticultor e,...
Escrito por   2019     0 Comentarios     Vistas (137)
A Casa da Corga está en Piñeiro, na Póboa de Trives, nunha paisaxe de montaña con altitudes de ata 600 metros e con viñedos en terraza recuperados uns, e abandonados outros moitos.
Escrito por   2019     0 Comentarios     Vistas (130)
O raposo é un bo cazapitas. Xa imos sabendo tamén que é unha variedade de uva galega con este nome na Barbanza, e sinonimias como branca lexítima ou branca do país en Betanzos e Negueira de Muñiz, respectivamente.
Escrito por   2018     0 Comentarios     Vistas (119)
Nos manuais que nos axudan a xestionar un negocio de hostalería, atoparemos de xeito reiterado un par de recomendacións básicas á hora de plantexar a oferta de viños.
Escrito por   2019     0 Comentarios     Vistas (100)
A marca agrupa un tinto e un branco básicos de viticultura ecolóxica, selo persoal deste viticultor e enólogo trasmitido xa pola súa avoa