A NACION DOS MIL VIÑOS
19,95€ IVA incluidoA “Nación dos mil viños” -A guía galega para adentrarse no mundo do viño- busca ser unha iniciación combinada á cultura do viño en xeral, á súa proba sensorial e o panorama concreto dos viños galegos.
Amosando 1–12 de 19 resultados

A “Nación dos mil viños” -A guía galega para adentrarse no mundo do viño- busca ser unha iniciación combinada á cultura do viño en xeral, á súa proba sensorial e o panorama concreto dos viños galegos.

En Coles coñecemos o Amnos Dei, nome e etiqueta con inspiración nas esculturas da cuberta da Igrexa de Santo Eustebio da Peroxa, en Ferreiros. Un branco 100% de treixadura e con maceración de 3 días nas peles da uva. A maceración de brancos non é convencional hoxe, mais é tradicional e achega intensidade de cor, estrutura e complexidade aromática.

As Bateas ten crianza sobre lías en depósito de aceiro inoxidábel e en botella. Vivo, persistente, sápido e complexo. O mar nos sentidos.

Os bancais das viñas de Rogelio Moral son dos que subes unha e outra vez e non cansas, teñen vida e transmiten emoción a cada paso que das, non é difícil que saian destes bancais acios dispostos a darche toda a enerxía creada neles, pois entre bancal e bancal, acio a acio constrúese cada botella que lembra en cada grolo todos e cada un dos pasos que fomos dando entre os bancais , cada grolo un bancal, cada cepa unha botella.

Macerado nas súas lías finas durante 4 meses, será un viño que maride moi ben coa gastronomía, moi versátil pola súa complexidade , os viños desta zona sempre se caracterizaron pola amabilidade e os aromas florais, aquí atopamos unha versión moi recomendable dos viños do Rosal.

Mencía de grande calidade procedente de viñas situadas en socalcos de inclinación pronunciada no Concello de Sober.

Moitas veces buscamos viños cunha boa relación calidade prezo e poucas veces podemos atinar ben, hoxe presentamos un viño que ten esas características , sin medo podemos decir que a súa calidade supera amplamente ao prezo e esto por si mesmo xa supón un incentivo importante de compra, pero si ademais incluímos a súa versatilidade para maridaxes gastronómicas ou para momentos de placer diversos, xa temos un bo acompañante en calquer ocasión.

Seguimos descubrindo os peculiares viños cos que Roberto Fuentes nos abraia desde Tremoedo, en Vilanova de Arousa. Despois dunha etapa de traballo enolóxico en Catalunya, traslada ás terras do Salnés as mellores técnicas de elaboración de espumantes.

Brut rosado, variedades autóctonas do salnés, Vilanova de Arousa, variedades que teñen sobrado prestixio no mundo do viño, pero con pouca experiencia nos escumosos, e ahí onde Roberto Fuentes aplica a súa magnifica técnica de enólogo moi coñecedor destes viños. Burbulla ben integrada , boa acidez e moi longo en boca, bágoas de placer.

As dificuldade das condicións climatolóxicas enaltecen a estes viticultores setentrionais. Lorenzo é un dos pioneiros no empeño por recuperar a calidade e reconquistarnos.
Das ribeiras do Mendo e do Mandeo rexurden brancos frescos e complexos das variedades de uva que conservaron: branco lexítimo e agudelo.

O queipo é un cesto pequeno de vimbio que servía tamén como unidade de medida. Nove Queipos 2018 é a nova anada dun tinto con crianza moi laureado por moitas das persoas que o probaron

Este barquiño elaborado en madeira de castiñeiro, navega polo Sil coa inestimable axuda da variedade Godello antigo, e ti podeste subir e probalo e disfrutar dos seus aromas elegantes e intensos e cando o probas, na boca equilibrado e profundo, aprendendo a navegar, vertixeado prohibido.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
As cookies estritamente necesarias ten que activarse sempre para que podamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.
Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as túas preferencias. Isto significa que cada vez que visites esta web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.
Máis información sobre a nosa política de cookies