Os Mecos Hollejos
16,50€ IVA incluidoExcelente viño para ocasións moi especiais.
Amosando 13–19 de 19 resultados


O godello de Valdeorras, un apelido lle poñemos para recoñecer e desfrutar da excelente simbiose que a variedade e a zona crean. Pero faltaba o viticultor e a finca e aquí é onde este Roandi Godello chegan ao seu estado puro, as ladeiras da parroquia de Éntoma, e as mans de Rogelio Moral fan o resto, pois ben xa sabedes o que tedes nesta botella terra e alma, mineral e paixón, a esencia do godello de Valdeorras.

Penadoso é unha viña en Taboada, no Miño, xa no tramo alto ribeirao. Coas tintas mencía e brancellao. Roberto Regal embotéllanola despois dunha crianza en barrica de carballo.

Agora chega o seu primeiro viño parcelario, elaborado con uvas dunha única viña de solo areoso na zona do río Deza, afluente do Ulla. O seu viño máis persoal, vertical e atlántico.

O xerme é a parte dunha semente a partir da cal se forma unha nova pranta e Portotide é a parxe de procedencia do avós de Roberto Regal, Antonio e Esther, con estes vimbios comezamos a creación dun viño coa sensibilidade de quen o crea e de quen o viu nacer , coa esencia da terra única que lle deu a vida.

Nova anada dunha referencia destacada dos tintos galegos encorpados, das cepas centenarias de garnacha tintureira de Valdeorras, dos barricas de calidade que erguían a cabeza desde a Galiza cálida do interior fronte aos tintos de fóra.

Existen documentos do século X que acreditan a producción de viño na vila de Gomaríz, tamén unha construcción civil, a adega máis antiga da península ibérica do séculoXII, senón fose suficiente tamén temos a Xosé Lois Sebio que acaba de crear un viño da vila de Gomariz.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
As cookies estritamente necesarias ten que activarse sempre para que podamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.
Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as túas preferencias. Isto significa que cada vez que visites esta web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.
Máis información sobre a nosa política de cookies