Tenda

  • Produtos por páx.

  • Tipo Produto

  • D.O / Zona

  • Variedade Uva

  • Concello

  • Adegas

CERRAR

Amosando 1–12 de 22 resultados

  • AMAROK

    Valorado en 0 de 5
    16,00 IVA incluido

    O cordeiro e o lobo representan o ben e o mal. Na recomendación desta semana descubrimos zona vitícola e elaboracións singulares. Dun branco máis intenso, saltamos á primeira anada dun tinto lixeiro de corte actual nunha zona de boa maduración da uva. Mencía 100% con crianza en barricas de carballo francés de 400 e 500 litros durante 4 meses. Sorprendentes.

  • AMNOS DEI

    Valorado en 0 de 5
    16,00 IVA incluido

    En Coles coñecemos o Amnos Dei, nome e etiqueta con inspiración nas esculturas da cuberta da Igrexa de Santo Eustebio da Peroxa, en Ferreiros. Un branco 100% de treixadura e con maceración de 3 días nas peles da uva. A maceración de brancos non é convencional hoxe, mais é tradicional e achega intensidade de cor, estrutura e complexidade aromática.

  • AS BATEAS

    Valorado en 0 de 5
    18,00 IVA incluido

    As Bateas ten crianza sobre lías en depósito de aceiro inoxidábel e en botella. Vivo, persistente, sápido e complexo. O mar nos sentidos.

  • BANCALES

    Valorado en 0 de 5
    8,95 IVA incluido

    Os bancais das viñas de Rogelio Moral son dos que subes unha e outra vez e non cansas, teñen vida e transmiten emoción a cada paso que das, non é difícil que saian destes bancais acios dispostos a darche toda a enerxía creada neles, pois entre bancal e bancal, acio a acio constrúese cada botella que lembra en cada grolo todos e cada un dos pasos que fomos dando entre os bancais , cada grolo un bancal, cada cepa unha botella.

  • BRUÑA

    Valorado en 0 de 5
    12,75 IVA incluido

    Macerado nas súas lías finas durante 4 meses, será un viño que maride moi ben coa gastronomía, moi versátil pola súa complexidade , os viños desta zona sempre se caracterizaron pola amabilidade e os aromas florais, aquí atopamos unha versión moi recomendable dos viños do Rosal.

  • FLAVIA

    Valorado en 0 de 5
    6,40 IVA incluido

    Moitas veces buscamos viños cunha boa relación calidade prezo e poucas veces podemos atinar ben, hoxe presentamos un viño que ten esas características , sin medo podemos decir que a súa calidade supera amplamente ao prezo e esto por si mesmo xa supón un incentivo importante de compra, pero si ademais incluímos a súa versatilidade para maridaxes gastronómicas ou para momentos de placer diversos, xa temos un bo acompañante en calquer ocasión.

  • GOLPE A GOLPE BRUT NATURE

    Valorado en 0 de 5
    15,80 IVA incluido

    Seguimos descubrindo os peculiares viños cos que Roberto Fuentes nos abraia desde Tremoedo, en Vilanova de Arousa. Despois dunha etapa de traballo enolóxico en Catalunya, traslada ás terras do Salnés as mellores técnicas de elaboración de espumantes.

  • GOLPE A GOLPE BRUT ROSÉ

    Valorado en 0 de 5
    16,20 IVA incluido

    Brut rosado, variedades autóctonas do salnés, Vilanova de Arousa, variedades que teñen sobrado prestixio no mundo do viño, pero con pouca experiencia nos escumosos, e ahí onde Roberto Fuentes aplica a súa magnifica técnica de enólogo moi coñecedor destes viños. Burbulla ben integrada , boa acidez e moi longo en boca, bágoas de placer.

  • LORENZO BESCANSA

    13,35 IVA incluido

    As dificuldade das condicións climatolóxicas enaltecen a estes viticultores setentrionais. Lorenzo é un dos pioneiros no empeño por recuperar a calidade e reconquistarnos.

    Das ribeiras do Mendo e do Mandeo rexurden brancos frescos e complexos das variedades de uva que conservaron: branco lexítimo e agudelo.

  • NOVE QUEIPOS TINTO

    Valorado en 0 de 5
    12,35 IVA incluido

    O queipo é un cesto pequeno de vimbio que servía tamén como unidade de medida. Nove Queipos 2018 é a nova anada dun tinto con crianza moi laureado por moitas das persoas que o probaron

  • O BARQUIÑO

    Valorado en 0 de 5
    18,00 IVA incluido

    Este barquiño elaborado en madeira de castiñeiro, navega polo Sil coa inestimable axuda da variedade Godello antigo, e ti podeste subir e probalo e disfrutar dos seus aromas elegantes e intensos e cando o probas, na boca equilibrado e profundo, aprendendo a navegar, vertixeado prohibido.

  • Os Mecos Hollejos

    Valorado en 0 de 5
    16,50 IVA incluido

    Excelente viño para ocasións moi especiais.

Carriño de compras
Non hai produtos no carriño!
Continuar mercando
0