• Novo

Quinta Toucedo Pelouro

€10,95
IVA incluido

Quinta Toucedo é o tinto básico da adega Atrium Vitis, Quiroga, Ribeira Sacra. 2015 foi unha colleita cálida, un verán solleiro. Esa calidez xa se nota con moderación no viño ao bebelo. Quiroga tamén é de por si a zona máis cálida da Ribeira Sacra, máis cercana a Valdeorras, e xa con presenza de solos pizarrosos. Neste caso a uva procede das viñas de Caspedro, con solo arxiloso e cantos rodados, pelouros.

Viño cálido? Que quenta, cun pouquiño máis de alcohol, de estrutura e potencia que outros. Máis sol, máis maduración, máis azucres na uva. No nariz atoparedes unha explosión de froita, de viño de verdade, auténtico. Mencía e brancellao. Froita e agarimo. Sabroso e fácil de beber. Ideal para a gastronomía galega do outono.

Javier e Ana buscan, interpretan e avanzan entre as súas viñas de tradición familiar. E fannos coñecer e gozar a súa zona.

  • DENOMINACIÓN DE ORIXE: D.O. RIBEIRA SACRA
  • ANO: 2015
  • ADEGA: ATRIUM VITIS, S.L.
  • CONCELLO: QUIROGA
  • VARIEDADE DE UVA: MENCÍA E BRANCELLAO
  • GRAO ALCÓLICO: 13.5%
  • ELABORACIÓN: ELABORADO DE FORMA TRADICIONAL. BAZUQUEO MANUAL. PROCEDENTE DAS VIÑAS DE CASPEDRO, CON CHAN ARXILOSO E CANTOS RODADOS (PELOUROS)
Cantidade

  • Política de seguridad (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente) Política de seguridad (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente)
  • Política de envío (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente) Política de envío (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente)
  • Política de devolución (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente) Política de devolución (editar con el módulo Información de seguridad y confianza para el cliente)
1548
20 elementos:

Referencias especificas