

Tarabelo mantense fiel ás súas raíces e como moitos viños do Ribeiro, é unha mestura de catro variedades locais: sousón, caíño longo, caíño redondo e ferrón (ou ferrol).
Tarabelo foi envellecido seis meses e a madeira é o primeiro que se percibe en nariz aínda que tamén toques afroitados. Posúe unha cor vermella intensa e en boca é estructurado e forte. Este viño ten unha produción de tan só 6.000 botellas por ano.