

Bancales, que ven a ser o mesmo que socalcos, é unha mestura de mencía, sousón e brancellao, con seis meses en barrica. Debido á madeira ten pouca acidez e amosa aromas de vainilla e coco, propios dos viños envellecidos en carballo americano. De todos xeitos, as notas de madeira son máis potentes en nariz que en boca. É un viño de corpo medio pero non resulta pesado no gusto. Pola contra, é suave e elegante con toques afroitados.