

Adega Sidrón é un pequeno negocio que pertence a Francisco Javier Sanromán, un xoven coa determinación de vivir da elaboración de viño. Pode parecer unha tolemia, pero pouco a pouco Negueira de Muñiz desenvolveu grandes viños e toda a zona é cada vez máis coñecida.
A pesares de que non pertence a ninguna D.O., o Val do Navia veu medrar a súa popularidade grazas ao viño a ambos lados da frontera, tanto en Galicia como en Asturias.
Dpieiga tinto é un viño novo mestura de mencía e tinto serodo ou serodio, unha variedade autóctona que viría a ser a parella en tinto do albarín ou branca lexítima. 2014 é a primeira añada deste viño.