

Viño de viticultura ecolóxica certificada elaborado con uvas da variedade mencía dunha paraxe de Portotide na localidade do Saviñao, subzona Ribeiras do Miño. Unha mencía distinta, fresca, lixeira, froiteira e sabrosa. Elaborado integramente en depósitos de inox.
O viticultor e enólogo Roberto Regal leva desde neno coa súa familia nos viñedos da Ribeira Sacra, unha zona rural con despoboamento e poucos nenos. Nunha desas ocasións animáronno a chamar ao neno da ponte que se vía sobre o río Miño. O neno respondeu ao seu berro. Así foi como Roberto descubriu o seu eco.
ANO: 2015
ZONA PRODUCIÓN: D.O. RIBEIRA SACRA
PRODUTOR: ROBERTO REGAL
LOCALIDADE: TABOADA
VARIEDADES: MENCÍA
GRAO ALCOHÓLICO: 13% VOL
BOTELLA: 75 CL