
Vinificado cos raspóns máis maduros e un leve paso por barricas usadas de carballo francés. Fresco, suave e amplo en matices.
Chans pobres con cepas vellas e baixas producións, son o denominador común. Estas parcelas non están adaptadas ao traballo mecánico polo que a intervención no cultivo faise de maneira manual.
Vinifícanse por separado, con respecto polos métodos antigos de elaboración. As variedades utilizadas neste viño son sousón, brancellao, caíño e ferrón, singulares e distintas entre si.