

Tinto xoven elaborado en depósitos de inox, renunciando novamente ás elaboracións en barricas de madeira que caracterizan aos principais tintos deste produtor.
Faino evitando tamén a mencía en solitario, acompañándoa da variedade de uva sousón.
Esta aposta ten como resultado un viño onde dominan as notas aromáticas primarias, os aromas máis naturais que proceden do entorno da viña e das variedades de uva.
Mencía e sousón achegan matices froiteiros. O sousón acentúa a contundencia da froita e dá paso ademais a puntas florais de violeta.
Esta nosa excepcional caste tinta fai viños con bo corpo e estrutura, ao que axuda o cultivo nunha zona cálida e de boa maduración como Valdeorras. Moi rico e gastronómico.